NOVIDADE! - Un ano ao redor do gran carballo

€15.50

Gerda Muller

NOVIDADE! - Un ano ao redor do gran carballo

€15.50
0 Quedan en stock

Otros idiomas:

Un libro cheo de beleza co que Gerda Muller acompáñanos a facer un percorrido polas 4 estacións do ano.

Xacobe e os seus pais viven nunha casa no medio do bosque. Cando os visitan os seus curmáns, Anxo e Alba, Xacobe decide ensinarlles una árbore moi especial: un gran carballo que ten máis de 300 anos!

Mediante as visitas que os tres rapaces fan ao gran carballo durante un ano, este libro acércanos aos cambios que vive o bosque ao longo das estacións. Desde o acougo do inverno ata a buliciosa actividade dos meses de verán. Desde o esplendor da primavera ata as follas marróns, vermellas e douradas de outono.

Sexa cando sexa, as ramas do gran carballo serven de refuxio para a vida que poboa o bosque.

E, para os máis maiores, inclúe un anexo de ciencias naturais!

Cunha coidada descrición dos animais e as plantas que habitan nos nosos bosques, este libro é ideal para descubrir e aprender os secretos da flora e a fauna do noso entorno. Unha gran ferramenta para dar respostas á curiosidade que desperta a natureza nos máis cativos.

Datos técnicos:

  • A partir de 5 anos
  • Número de páxinas: 48
  • Selo Lectura Fácil

 

Descarga a ficha do conto

 

Esta obra recibiu unha subvención da Xunta de Galicia.

  

 

PayPal